domingo, 3 de abril de 2011



   A da dereita é a miña avoa , naceu no ano 1944 en Coristanco onde pasou a súa infancia, comezou a traballar con tran só 16 anos de costureira nun taller de pouca xente.Cando tiña 37 anos tivo que emigrar ao estarnxeiro concretamente en Suíza, onde estivo traballando nunha fábrica na que tamén traballaba o meu avó.
As dúas persoas que están con ela na fotografía son amigos de hai moito tempo pero aínda agora o son. Eles son un matrimonio que tamén foron coa miña avoa para Suíza o único é que eles non voltaron para Galicia senón que decidiron pasar alí a súa vida. Levan en Suíza preto de 30 anos e cada dous anos os meus avós vanlle a facer unha visita.

Carla Rojo