martes, 18 de enero de 2011

ACTIVIDADE 6
 1.DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE


O tipo de pub que imos estudiar defínese como aquel establecemento de hostalería que abre todo o día e que presenta un ambiente característico que adecúa a súa prestación de servicios a ese momento. Este tipo de establecementos pode servir almorzos pola mañá, tapas ao medio día e copas a partir dunha determinada hora da noite. A denominación que recibe este establecemento é a de pub café-bar. Por simplificar, ao longo da Guía faremos alusión a este tipo de establecemento mediante o termo pub.










2.CARACTERISTICAS BÁSICAS DA EMPRESA


INSTALACIÓNS
Respecto á súa superficie, non é posible establecer unha medida predeterminada, pero, segundo as entrevistas realizadas, podemos fixala arredor dos 150 m2. Esta superficie distribúese aproximadamente da seguinte maneira:
- Cociña: 10 m2
- Almacén: 15 m2
- Aseos: 25 m2
- Salón: 100 m2 aproximadamente.

 PERSOAL
Cinco persoas en dúas quendas de oito horas.

INVESTIMENTO
116.OOO € 

3.¿COMO É O MERCADO DESE NEGOCIO NESTA ZONA? 

Este negocio e moi abundante no noso negocio xa que en carballo ai dez bares e estan situados en distintas zonas. 
Como podes observar, durante este período o número de pubs e cafés bar aumentou un 36,42 e un 16,42%, respectivamente. Sen embargo, se analizamos os incrementos anuais vemos que hai diferezas entre ambas actividades. Os pubs seguiron un crecemento continuo do número de establecementos, aínda que o incremento medio anual foi diminuíndo, dende o 17,50% do trienio 2002-2004 ata o 4,94% do período 2005-2007. Os cafés bar, sen embargo, mostran unha evolución discontinua, cun crecemento espectacular no primeiro trienio (43,60%) seguido dunha diminución considerable no período 2004-2005 e dunha lixeira recuperación (2,44%) entre o 2005 e o 2007.



4. TIPOS DE CARACTERISTICAS DOS CLIENTES
O lugar onde sitúes o local vai ser determinante á hora de establecer o perfil do cliente. As zonas onde están situados os pubs e locais de copas caracterízanse por estar saturadas de xente pola noite e por non presentar moito tránsito peonil durante o resto do día. Se finalmente decides establecerte nesa zona, terás que potenciar a afluencia de clientela durante a noite xa que durante o resto do día vai ser escasa. Se pola contra, te sitúas en zonas máis transitadas, aseguraraste unha afluencia de público máis estable ao longo de toda a xornada.

5. EMPRESAS COMPETIDORAS
Se atendemos á distribución xeográfica dos establecementos hostaleiros observase que en tres dos concellos, Cee, Muros e Vimianzo hai máis da metade do total. En cada un deles hai case que o dobre de establecementos que nos concellos que lles seguen, Carnota e Muxía. Os tres son cabeceiras de comarca, cun alto índice de urbanización en Muros e Cee. Vimianzo, importante encrucillada de camiños. En Zas e Mazaricos, os concellos máis rurais e dispersos, se concentra tan so o 2% do total.
A parte iso a empresa non podería estar moi achegada o outra do mesmo sector se non sería máis dificil ter clintela.

6.CARACTERISTICAS DOS PROVEEDORES


Á hora de comezar nesta actividade pode resultar interesante o negociar cun provedor para traballar o seu producto en exclusiva. A través deste acordo ti comprométeste a traballar unicamente este produto durante un período determinado de tempo e, a cambio, obtés unha contrapartida económica que pode consistir nun adianto do rappel  ou nunha rebaixa no prezo de compra do produto. A desvantaxe que presenta esta opción é que limita o abano de produtos que podes ofrecer polo que antes de realizalo debes valorar a demanda dese producto e dos seus competidores no mercado.



7.SITUACIÓN ACTUAL E PERSPECTIVA DE FUTURO DESE SECTOR

AMEAZAS
Poden influír na túa actividade quizais a máis importante sexa a dificultade para obter a licencia de apertura. Os concellos poñen bastantes trabas administrativas antes de concedela, polo que a súa obtención adoita ser un trámite que se demora bastante no tempo. Unha vez que se obtén convértese nun valor engadido para o local xa que, no caso de querer abandonar a actividade, podes traspasar o local a unha persoa que vaia desenvolver o mesmo tipo de negocio, o que lle facilitará, de maneira considerable, os trámites administrativos que deberá realizar.

OPORTUNIDADES
O aumento do tempo libre e a maior valoración do lecer fai que a xente acuda con maior frecuencia a estes locais. Ter o establecemento aberto todo o día permíteche acceder a un maior número de clientela, o que fai posible diferenciala e ofrecerlle distintos productos segundo acuda pola mañá, pola tarde ou pola noite.
PUNTOS FORTES
Que podes empregar para equilibrala é a diferenciación, ben coa decoración do local, ben cos productos que ofreces (coctelería, novas bebidas...) ou ben pola ambientación (actuacións en directo, festas...).

PUNTOS FEBLES
Desta actividade é o de encontrar un local ben situado. A meirande parte de establecementos deste tipo caracterízanse por estar situados en zonas de moito tránsito peonil. É razoable pensar que a cantidade de xente que pode entrar no local será maior canta máis xente pase por diante del.


8. MARKETING
a) ¿Que productos podes ofrecer aos teus clientes? (Fai un resumo) 
A meirande parte dos pubs ofrecen a mesma gama de produtos. Unha forma de diferenciación é buscar servizos ou actividades que non ofreza a competencia. 
O xeito habitual de establecer o prezo do produto é fixando unha marxe do 300% sobre o prezo de compra. A prestación do servizo prodúcese no mesmo local. 
A situación do local e o boca a boca é a forma máis habitual de dar a coñecer o local.

b) Aspectos a ter en conta para poñer os prezos
Debemos ter en conta os perzos das nosa competitividade máis cercana ao noso local.

c) ¿Como das a coñecer a túa empresa?
Por un lado esta o boca a boca por outro, no momento da apertura, é habitual darlle publicidade a través de anuncios en prensa ou en radio, a celebración dun acto de inauguración o día que se abren por primeira vez as portas do establecemento



9. IMSTALACIÓNS
a) ¿Que intalacións e maquinaria van a supoñer os mellores gastos?
Estarán a barra (a súa lonxitude e situación dependerá da forma do local) e as mesas coas súas correspondentes cadeiras (nun local desta superficie poden colocarse sobre 12 mesas). Ao longo da barra adoitan colocarse varias banquetas.

10. GASTOS ANUAIS DA ACTIVIDADE

Importe Gastos : 154.920,29 €  . Este é un dato medio depende de como nos vaia o negocio podería subir ou baixar o prezo, depende dos traballadores, a clientela...



11. PREVISIÓN DE INGRESOS ANUAIS
A forma máis sinxela de realizar un cálculo aproximado das vendas que vas ter é a través do número de consumicións servidas. Se manexas unhas cifras medias en canto a prezos e número de consumicións, poderás obter un valor aproximado da túa cifra de vendas. Por outro lado, analiza, a demanda da súa carteira de produtos. Coñecendo este dato, pode establecer un prezo medio das consumicións que serve.

12. RESULTADO BRUTO DA EXPLOTACIÓN

Resultado bruto (%) :18,41%

13. FINANCIAMENTO
Os cartos sacaranse de axudas publicas, axudas de goberno.

14. ¿QUE FORMACIÓN DEBEN TER OS TEUS EMPREGADOS?
A nós interesarianos que tuvera uns estudos de hostelería, que xa tuvera experiencia, para non andar de el e non explicarlle de todo e tamén que tuverá a E.S.O.


15.¿ONDE PODES CONSEGUIR AXUDAS PARA ESTE NEGOCIO?
Sacando un prestamo, ou coa axuda dos nosos familiares e tamen sacando microocreditos.

16. ¿EN QUE CENTRO EDUCATIVO PODERÍAS FORMARTE PARA ESTA PROFESIÓN?
Poderiaste for mar en F.P., CIG, CC OO, UGT, CEG.